Arquivada outra denuncia de contra o alcalde e o tenente de alcalde Vimianzo
Ano 2013, e o Concello de Vimianzo vivía unha polémica moción de censura, que remataba, sen éxito, nos despachos. E tamén nos Xulgados. Julio Vázquez, arquitecto municipal, que consideradaba “ser obxecto de persecución e trato inxusto” polo novo de goberno dende 2011, presentaba daquela unha querela contra o alcalde Manuel Antelo e o teniente alcalde Fernando Mancebo por un posible “delito contra a integridade moral” e outro de suposta “falsidade en documento oficial”.
Vázquez acusara aos membros do goberno por falsificar a súa sinatura nun expediente dun cemiterio na parroquia de Castro, así como de “apartarllo” (chega a falar na denuncia de “menosprezo” e mesmo “bulling”) da redacción do plan do cemiterio de Salto. Ademais denunciaba a posible “prevaricación administrativa” por contratar “mediante a fórmula de contrato menor” os servizos dun arquitecto superior durante a baixa laboral do querellante.
Pois o pasado mes de agosto, o Xulgado de Primeira Instancia de Corcubión vén de anunciar o sobreseimento da causa procesal por entender que “non queda debidamente acreditaa a perpetración dos delitos”. Sobre a falsificación da sinatura, o fiscal declara que non se pode “emitir unha conclusión categórica” sobre se foi o alcalde ou teniente de alcalde o que a falsificou.
Ademais, sobre o delito de prevaricación administrativa, segundo o fiscal, “non pode determinarse que Antelo fixera unha aplicación torcida do Dereito”.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/a-audiencia-provincial-arquiva-a-denuncia-da-oposicion-relativa-a-mocion-de-censura-do-anterior-mandato/- Maio 2015: Sobreseída unha denuncia presentada polos promotores da fallida moción de censura de Vimianzo.
- 19-09-14: Día de declaracións de alcaldes imputados.
- 15-09-14: O BNG comarcal denuncia que as imputacións de Antelo son armas do PP.
- 03-03-14: Definitivamente, non haberá moción en Vimianzo.