O Asalto convoca a primeira reunión para preparar a 26ª edición

A familia do Asalto no Castelo durante a celebración deste 2022

A organización do Asalto ao Castelo de Vimianzo convoca a primeira reunión para preparar a 26ª edición da festa, que se celebrará o sábado 1 de xullo de 2023. 

A reunión será o sábado 28 de xaneiro ás 12h, na Casa da Cultura de Vimianzo. Nela falarase das diferentes áreas nas que se pode participar, ideas, propostas, elementos a consolidar ou renovar... Nesta primeira reunión sentaranse as bases para a celebración da festa irmandiña en 2023.