Atopan o cadáver dun home que levaba varios días morto na súa casa de Vimianzo
21 de maio de 2024 (09:56 h.)
A Garda Civil atopaba estes días o corpo sen vida nunha vivenda de Vimianzo. Un home duns 47 anos, que vivía só e levaría falecido varios días, polo estado de descomposición no que se atopou o cadáver. A Garda Civil acodeu tras a alerta dun participar e entenden que puido falecer por causas naturais pois non había indicios de violencia.