A Axenda de Semana Santa en Vimianzo, en clave de patrimonio
Nesta Semana Santa 2025 o Concello de Vimianzo convida a veciños e visitantes a mergullarse na riqueza do seu patrimonio cunha ampla programación de actividades gratuítas.
O Castelo manterase como epicentro da artesanía en vivo, onde os artesáns e as artesás compartirán as súas valiosas pezas de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas.
Para aquelas persoas que queiran unha experiencia máis inmersiva, poderán volver atrás no tempo da man dos Quinquilláns e as súas visitas teatralizadas. Haberá varias sesións: o 17 e 19 de abril ás 12:30 e 17:00 horas; o 18 de abril ás 17:00 horas; e o 20 de abril ás 12:30 horas.
Tampouco faltarán as visitas guiadas ao Castelo, para coñecer de primeira man todos os segredos que agocha a fortaleza. Terán lugar: o 12 e 13 de abril ás 11:00, 16:00 e 18:00 horas; o 15 e 16 de abril ás 11:00 e 18:15 horas; e do 17 ao 20 de abril ás 11:00 e 18:00 horas.
Os Batáns e Muíños do Mosquetín abrirán as súas portas para visitas guiadas o 15 e 16 de abril ás 12:30 e 13:30 horas e do 17 ao 20 de abril ás 13:30 e 18:00 horas. Tamén será posible descubrir a historia do Dolmen de Pedra Cuberta con visitas programadas para o 15 e 16 de abril ás 17:15 horas.
Os apaixonados da arqueoloxía poderán coñecer en profundidade o Castro das Barreiras do 15 ao 20 de abril ás 16:00 horas. Os mesmos días, ás 19:30 horas, será a quenda das visitas guiadas ao Porto de Cereixo.
Todas as actividades son completamente gratuítas, pero requiren inscrición previa a través deste formulario.