BNG e Adiante Vimianzo volven unir forzas de cara ás Municipais

Esta foi a lista de Adiante Vimianzo nas pasadas edicións

Os grupos políticos Adiante Vimianzo e BNG, nunha asemblea conxunta celebrada o pasado venres 23 de setembro, onde estiveron representantes dos dous partidos así como o responsable comarcal do BNG Xurxo Rodríguez Baña, acordaron converxer nunha única candidatura para presentarse nas vindeiras eleccións baixo as siglas do BNG-Vimianzo. 

Volven fundirse as listas, despois da separación do grupo antes das pasadas eleccións.

Así, dende xa, os concelleiros de Adiante Vimianzo no pleno municipal exercen como altofalante do BNG na corporación municipal, ainda que seguen sendo ata o remate da lexislatura concelleiros de Adiante Vimianzo.