Cambeda une todas as comisións polo Sampedrofíns

Despois de máis de 50 anos de festa en Sanfíns de Cambeda de maneira casi initerrumpida, dende a actual comisión de festas, comandada por Félix ou Evaristo, vén de convocar a todas as persoas que nalgún momento foron membros da comisión de festas de Sampedrofíns, e “co seu traballo, esforzo e dedicación foron e son partícipes de que esta festa non morrese nunca e a día de hoxe se siga celebrando”.

Tendo en conta que falamos dunha aldea moi pequena da parroquia de Cambeda, seguramente será o pobo enteiro o que teña que botar a foto de familia, e poñer en valor o ter traído artistas como Ana Kiro, Os 2 españoles, París de Noia…

A cita está convocada para o luns 30 de xullo, ás 21:00, para facer unha foto en familia, inmortalizando o momento e quedando así unha foto para o recordo e historia das festas.

Un día antes, o domingo 30, arrincan as festas cunha andaina popular.

E xa os días 1 e 2, festa completa, destacando os xogos tradicionais da sesión vermú do día 1, ou o torneo de fútbol sala 4x4 que se cellebra dende hai 42 anos. ´É unha tradicción que sen dúbida algunha forma parte das festas de Sanfíns... as festas sen o torneo non serían as mesmas. Para nós ten moita importancia manter viva esta tradicción, por eso pedimos q as xeneracións máis novas nos metan unha man con esto e nos axuden coa organización desta competición”, explica Félix Roget.

Os equipos de Caxadas, Piñeiros, Sanfíns e Castrelo loitarán por relevar ao actuial campión, o Sanfíns, que leva dous títulos seguidos.
A organización está intentando facer un partido alevín/iinfantil e outro feminino.