Canto sabes sobre vacinación?
17 de xullo de 2015 (08:05 h.)
É un tema que está no centro do debate público. A verdade é que parece difícil manter unha postura coherente sobre este asunto tan complexo. E que mellor que absorver información para tomar a decisión máis axeitada.
Por Vimianzo, parece que o teñen máis claro, e Casa da Cultura de Vimianzo acolle o próximo mercores, 22 de xullo, a partir das 20.00 h., a presentación da plataforma ciudadanos por la salud, ¡Vacuna ya! de Arteixo, organizada pola Agrupación Socialista da localidade sobre a vacina da meninxite B.
No acto intervirán os portavoces da mesma Francisco Javier Hermo e Mar Golpe e a portavoz do PSdeG na localidade, Paula Mouzo, que explicarán a situación actual e atenderán as preguntas que o público asistente quera formular.
Fonte
- PSOE de VImianzo.