Carlos de Castro dará unha charla sobre apicultura en Vimianzo

Alvariza do Gandiño, en Berdoias. Foto da Asocición Parroquial de Berdoias

A Casa da Cultura do Concello de Vimianzo albergará o vindeiro 19 de outubro ás 20:00 horas un faladoiro sobre os valores ambientais e patrimoniais da apicultura en Galicia.  Será impartida por Carlos de Castro, biólogo e apicultor, o día 19 de outubro ás 20:00 horas.

O aforo máximo será de 25 persoas, polo que se poden formalizar as inscricións no 697 51 92 25 (tan só mediante Whatsapp). 

A actividade está organizada pola Peña Barcelonista Irmandiña, e conta coa colaboración do Concello de Vimianzo e o Centro de Promoción Rural Fonteboa.