O Concello de Vimianzo celebrará o Día do Nen@ con inchables, festa da escuma e música
29 de xullo de 2026 (09:08 h.)
O Concello de Vimianzo organiza o vindeiro luns 10 de agosto unha nova edición do Día do Nen@, unha xornada pensada para que os máis pequenos e pequenas da casa desfruten dunha tarde chea de diversión, xogos e actividades ao aire libre.
A programación desenvolverase na Praza do Concello, entre as 16:30 e as 21:00 horas, e contará con diferentes propostas gratuítas para todas as idades. Haberá inchables, unha espectacular festa da escuma e a animación musical de DJ Rokiño, que poñerá ritmo a unha tarde festiva para compartir en familia.
O obxectivo desta iniciativa é ofrecer un espazo de lecer seguro e atractivo para a infancia durante o verán, favorecendo a convivencia e o desfrute das familias nun ambiente participativo.