Cures e Mouzo teñen unha cita coa súa historia

Este sábado 30 de outubro, a Área Recreativa de Cures (o Campo do Rego) acolle a partir das 18:00h unha presentación singular. Marcos Bugallo, Carme Vázquez, Manuel López, Tito Roibás e Valentín Alvite presentan o libro “Cures e o Mouzo ao longo do tempo”. Un libro que nace de numerosas entrevistas que os autores realizaron con veciñ@s da zona, que contaron as súas vivenzas e experiencias.

O acto, que serve de acto de confraternización veciñal, repasarás as curiosas anécdotas xurdidas durante a recompilación das historias e máis de 400 fotografías que trae.

O Libro percorre a historia destes dous singulares lugares, sitos nas parroquias vimiancesas de Cereixo e Carnés.