Os cursos de poda de Vimianzo superan as expectactivas

Moi boa a participación na primeira volta dos cursos de poda abertos en Vimianzo. Esta fin de semana clausurábanse a dúas primeiras citas, para as que se cubriron todas as prazas. Pero como quedaron xentes en lista de espera haberá novas sesións.

As persoas participantes aprenderon, en clave eminentemente prácticas, as técnicas de poda de especies frutais e a realizar enxertos nos casos que así o requerise.