Denuncian ao Alejandro de Tarragona por utilizar a Lady Gaga na súa campaña
06 de abril de 2011 (09:55 h.)
Hoxe coñecemos que Sony Music vén de denunciar ao PP por utilizar o tema "Alejandro"de Lady Gaga para a campaña do candidato á alcaldía de Tarragona, Alejandro Fdez. Unha nova que non pode deixar tranquilos aos membros do partido Indenpendientes por Vimianzo, unha vez que xa teñen utilizado o mesmo tema para as súas cuñas radiofónicas publicitarias.
A campaña do Alejandro catalán é algo máis arriscada que ao vimiancés, pois ata fixeron unha versión coa música de Lady Gaga pero letra adecuada para a campaña. Con todo, dende o partido aseguran que o vídeo foi unha montaxe dun militante. Sony xa solicitou a retirada de todos os vídeos do youtube coa campaña, pero polo de pronto vemos que non se puideron eliminar completamente: