Desestimada a querela da empresa do ex alcalde de Vimianzo contra Manuel Antelo pola Casa da Cultura
03 de decembro de 2012 (08:11 h.)
Desestimada queda a querela contra o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, interposta pola empresa do ex alcalde sobre a Casa da Cultura. I é que o alcalde ten reiterado o seu interese por pagar a débeda, aínda que sexa a prazos, como lle permite a lei.
Así o anunciaba a Audiencia Provincial logo de que o Xulgado de Corcubión valorase do mesmo xeito a denuncia de prevaricación. Antelo aseguraba que non puido ter pagado o primeiro aboamento no 2011 ao non recibir o Concello o crédito ICO.
Parece que se pecha así un longo proceso arredor da Casa da Cultura.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).