Desestimado o recurso polo contrato de servizo de asistencia á alcaldía de Vimianzo

O Xulgado do Contencioso Administrativo Nº1 da Coruña vén de desestimar o recurso contencioso administrativo interposto en setembro do 2011 por Mónica Rodríguez Ordoñez, Manuel Soto Pérez e María del Carmen Hermida Tomé (todos membros naquel momento do grupo Independentes por Vimianzo) contra a resolución tomada pola xunta do goberno local de adxudicar o contrato de servizos de asistencia á alcaldía á entidade Grupo Reacteda Servicios, S.L. por un prazo de seis meses. A parte recurrente terá que asumir agora - tal e como dicta a sentencia - as costas (con límite de 700€) polos gastos de representación e defensa. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)