Dúas persoas feridas de consideración tras un novo accidente entre un vehículo e un tractor

O suceso aconteceu en Vilaseco

Dúas persoas resultaron feridas de consideración tras un accidente grave acontecido esta tarde de sábado en Vilaseco, Vimianzo. Eran as 14.30 cando un tractor e un vehículo colisionaban na Ac552 a altura do km. 72, provocando un aparoso accidente.

Debido á gravidade da situación descrita por varios veciños, o 112 decidiu avisar ao Helicóptero medicalizado de Santiago, pero finalmente os feridos foron trasladados en Ambulancia ao Hospital Virxe da Xunqueira.