Excarcelan un ferido de gravidade tras un accidente cun camión en Baíñas

Esta pasada tarde-noite de luns (arredor das 20:30h) producíase un importante accidente na AC-441 a altura de Orballido, Baíñas, Vimianzo. Un camión de Feiraco, un Volvo de dous eixes de transporte de pensos, sufría un choque fronto-lateral contra un turismo. O condutor do turismo tivo que ser excarcerado e resultou ferida de consideración (consciente pero con múltiples lesións) tendo que ser trasladado polos servizos sanitarios a un Hospital. Para excarcelalo os Bombeiros de Cee tiveron que retirar o teito do vehículo (un Seat Ibiza) e facer sitio para liberar as pernas do ferido. O condutor do camión, natural de Robós (Baíñas) non sufríu danos. O 112 mobilizou ademais aos axentes de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil. Nada máis ser evacuado polos servizos sanitarios, o persoal de mantemento da estrada encargouse da limpeza da vía.