Foliada de Salto e Ariños de Río Grande xa teñen lista a VII Foliada do Río Grande
29 de xaneiro de 2025 (09:57 h.)
As agrupacións Foliada de Salto e Ariños de Río Grande organizan, coa colaboración do Concello de Vimianzo, a VII Foliada do Río Grande.
O evento terá lugar o vindeiro 8 de febreiro, a partir das 18:30 h, na Casa da Cultura de Vimianzo. A xornada contará coa estrea do espectáculo 'Os Zocos Máxicos' e ademais terá a Falcatrueiros de Monterroso como grupo convidado.