O Goberno central anuncia importantes axudas para os menores de 35 anos que compren ou aluguen nos Concellos da comarca

María Rivas mantivo unha xuntanza de traballo con alcaldes e alcaldesas da Costa da Morte na Casa da Cultura de Vimianzo acompañada pola alcaldesa, Mónica Rodríguez. Participaron os alcaldes de Fisterra, José Marcote; Carnota, Juan Manuel Saborido; Cabana de Bergantiños, José Muíño; Laxe, Francisco Charlín; Corcubión, Manuel Ínsua; e Dumbría, José Manuel Pequeño; ademais do concelleiro de Zas Óscar Lema e a concelleira de Camariñas Encarnación Liñeiro.

Achegábase onte a subdelegada do Goberno a Vimianzo para anunciar un novo paquete de axudas dirixidos á mocidade do rural galego. En presencia dos alcaldes e alcaldesas dos 16 concellos da comarca con menos de 10.000 habitantes. A proposta que trata de loitar contra o despoboamento no rural, supón unha axuda de ata 10.800€ para aquelas persoas que no momento de solicitar a axuda teñan 35 anos ou menos, que vaian mercar unha vivenda para uso habitual.

No caso de que a mocidade opte polo alugueiro, as axudas poderán chegar ata os 360 euros ao mes.

No caso da axuda á compra de vivenda, podería ser de ata 10.800 euros ou ata o 20% do total de precio da vivenda. O prezo da vivenda non deberá ser superior a 120.000 euros.

A de alugueiro será por cinco anos, e será unha axuda mensual de ata que cubrirá ata o 60% da renda mensual, ata un máximo de 360 euros. Esta axuda será compatible co Bono de Alugueiro Xove, de forma que pode cubrir ata o 75% do custe do alugueiro.

Outras liñas

Lembrou Rivas que o Goberno conta cun programa de apoio á rehabilitación enerxética. Está pensado para mellorar a eficiencia das vivendas nos núcleos e nos barrios. O obxectivo é a recuperación económica e social. Para as veciñas e os veciños hai ata 18.000 euros por vivenda.