Leiceaga pediu en Vimianzo rescatar do caixón a Autovía e a conexión con Santiago

Leiceaga visitou o Polígono Vimianzo

Un par de semanas despois de visitar Camariñas, portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, deixouse caer por Vimianzo. A candidata socialista á alcaldía, Mónica Rodríguez, os compañeiros Paula Vázquez e Víctor Muíño, e a parlamentaria Loli Toja, fixeron de anfitrionas nas visitas ao colexio e ao polígono empresarial da localidade, nun encontro que serviu para “rescatar do caixón” actuacións en materia de infraestruturas e servizos sociais esquecidos pola Xunta.

Lembrou dous proxectos que están dende hai anos dentro do Plan Move, como son a VAC que completaría a autoestrada Coruña – Carballo ata Fisterra e o Porto de Brens, ou a conexión de Vimianzo con Compostela, infraestruturas que tiñan que estar xa realizados ou en marcha.

Infraestruturas vitais para a comarca, tendo en conta un polígono industrial que apenas conseguiu instalar 10 firmas en 8 anos.

Aproveitou a visita para recordar outras necesidades, como servizo de pediatría, ou a atención das necesidades urxentes de residencias e centros de Día, que se atopan nunhas condicións “lamentables” nunha comarca cun “problema serio de falla de cobertura na atención para os seus maiores”. Dase a circunstancia de que o Centro da Terceira Idade non ten prazas libres, mentres o Centro de Día está privatizado, a un prezo inasumible e sen alternativa pública.

Tamén apuntaron a necesidade de levar a cabo a cuberta do patio do CEIP San Vicenzo, xa que a instalación actual resulta demasiado pequena está desprotexida e carece de pasarela de acceso, o que a fai inútil para os pequenos nos días de mal tempo, ademais da supresión de 3 prazas de mestre no último ano.

Tamén visitaron o paso de peóns onde o pasado martes foi atropelado un rapaz pola escasa visibilidade.

Leicega con Monica Rodriguez no Paso de peóns de Vimianzo

GES

Recuperaron ademais a non tan vella demanda de asignar un Grupo de Emerxencias Supramunicipais –GES- para o Concello de Vimianzo, logo de lembrar que a Xunta ten anunciado 8 novos GES. Na zona temos o GES de Ponteceso, o GES de Muros, os Bombeiros de Cee e os de Santa Comba para todo o territorio.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/leiceaga-pediu-en-camarinas-a-ampliacion-da-autovia-e-a-recuperacion-da-lonxa-vella/ https://quepasanacosta.gal/o-pp-de-vimianzo-culpa-ao-concelllo-das-riadas/ https://quepasanacosta.gal/victor-muino-impulso-futboleiro-dende-bainas-para-o-psoe-de-vimianzo/