O liño volveu tomar o Castelo
11 de setembro de 2022 (20:11 h.)
Fermoso e auténtico o de 'Desfile do liño' que se celebrou este sábado pola tarde no Patio de Armas do Castelo de Vimianzo. O evento, o último encadrado na programación da Mostra de Artesanía en Vivo organizada polo Concello, estivo organizado pola asociación Amigos do Liño e foi conducido pooo modelo vimiancés Damián Álvarez.
As creacións das artesás e artesáns locais cobraron vida, con modelos chegados de toda a Costa da Morte e nunha pasarela repleta de vestimentas e complementos elaborados na fortaleza soneirá.