Manuel Pose Carracedo dirixirá as ‘Xornadas Micolóxicas’ de Vimianzo
O Concello de Vimianzo prepara unha nova edición das ‘Xornadas Micolóxicas’, en colaboración coa Peña Barcelonista Irmandiña. As sesións serán dirixidas polo experto micolóxico Manuel Pose Carracedo.
Celebraranse a fin de semana do 16 e 17 de novembro de 2024 e inclúen diferentes actividades. O primeiro día, sábado 16, será unha sesión teórica sobre esta materia. Terá lugar de 10:30 a 13.00 horas na Casa da Cultura.Xa o domingo, día 17, realizarase, de 10:00 a 13:00 horas, unha recolleita de cogomelos. Recoméndase levar roupa e calzado axeitado para esta actividade, así como unha cesta e unha navalla. Posteriormente, na Casa da Cultura realizarase, ata as 14:00 horas, a clasificación e degustación da colleita.
As prazas son limitadas e as persoas interesadas deben inscribirse previamente a través da web municipal ou do código QR habilitado.