Unha moza ferida tras un novo accidente na AC552
05 de maio de 2026 (20:28 h.)
Esta tarde, pasadas ás 18:00h, rexistrouse un novo accidente na AC552, a altura do km.74, no termo municipal de Vimianzo.
Unha moza resultou ferida leve e tivo que ser trasladada en ambulancia.
Ao lugar acodiron Garda Civil, Protección Civil e os Bombeiros.