Novas melloras na Escola Unitaria de Castromil

Novo aspecto da Escola Unitaria de Castromil en Vimianzo

O Concello de Vimianzo o que está impulsando traballos de mellora na Escola Unitaria de Castromil, situado na parroquia de Salto. Das tres existentes -ademais da de Carantoña e Carnés- no municipio é a que máis rapaces e rapazas empregan, pois son unha quincena de nenos e nenas os que aprenden nesta instalación.

A administración local vén de realizar as tarefas de pintado no seu interior e cambio de ventás en ambas fachadas do edificio, e están á espera da autorización para intervir tamén nas fachadas principais, nas que se procederá ás tarefas de pintado e aillamento.

”Parece un edificio distinto”, valoran dende o Concello.