Novo incendio nunha estación eólica

Segundo incendio en apenas un mes nunha estación eólica. Desta volta foi a pasada noite do sábado, cando pouco antes das 21:00h, saltaba a alarma polo incendio nunha sala de máquinas dunha central de un parque eólico en Piñeiros, Serramo, Vimianzo.

A Policía Local, e o Persoal de Naturgy esperaron á chegada dos Bombeiros de Cee, para sinalar que na zona de lume non hai tensión, polo que os bombeiros se poñen coa extinción. O incendio centrábase nun pequeno habitáculo, nun extremo das instalacións, onde había un transformador.

Conseguían extinguir o incendio e pouco despois abriron a porta para arrefriar e ventilar a cámara. Despois de comprobar que a temperatura non era perigosa, e que apenas quedaba fume, daban por rematado un incendio, que só provocou danos materiais.

Novas relacionadas