O Asalto busca aos seur actores Irmandiños

Os protagonistas do Asalto ao Castelo de Vimianzo son actores da bisbarra

Xa está enfocado o festival musical coas primeiras confirmacións Pero o gran reclamo do Asalto ao Castelo é a presentación teatral. Este ano, na medianoite do 7 de xullo, os irmandiños levantaranse en armas contra os señores feudais. Inseridos na conmemoración do 550 aniversario das Guerras Irmandiñas, este ano celébrase o aniversario do histórico ataque ao castelo, polo que a representación centrarase máis neste feito, sen abandonar por suposto o seu carácter diferencial, que é o de misturar actualidade con historia, humor co drama, e realismo con surrealismo.

Os culpables serán actores da casa, como sempre, e por iso, as organizadoras Asoc. Xuv. Cherinkas e Axvalso convocan para este sábado 7 de abril ás 11h da mañá a todas as persoas que queiran participar na representación nocturna. Procúranse persoas de diferentes idades, polo que non hai límites específicos, máis que a petición de compromiso cos ensaios e as ganas de pasar unha noite moi especial facendo parte da propia historia da festa.

Todas as persoas voluntarias poden achegarse a esta convocatoria ou pedir máis información a través das diferentes redes sociais do Asalto ao Castelo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).