O Castelo de Vimianzo acolle unha mostra de artesanía local

O Castelo acolle de forma habitual a mostra de Artesanía ao Vivo Durante esta fin de semana, o Castelo de Vimianzo reivindica a artesanía cunha exposición e coa súa mostra habitual de Artesanía ao Vivo. A exposión está aberta a atodos aqueles artesáns do municipio que queiran expoñer os seus traballos. O seu horario de visita sábado e domingo de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Na mostra de Artesanía ao Vivo os visitantes poderán ver diferentes oficios como palillo, liño, traballos en coiro, xoias de vidro, pezas de barros, cestos ou maquetas. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Vimianzo