O cómic de Vimianzo entra no festival das "Viñetas dende o Atlántico"

Onte presentouse na Coruña o cómic "Unha historia de Vimianzo" Coñecer a historia e o patrimonio dun lugar tamén é posible a través dun libro. Así quedou demostrado onte durante a presentación do cómic "Unha historia de Vimianzo" no festival "Viñetas dende o Atlántico" que se celebra estes días na cidade da Coruña. No acto de presentación do cómic interviron Marta Rei - concelleira de Cultura de Vimianzo -; Ruben Rial - autor dos debuxos - e Manel Cráneo - afamado dibuxante de cómic -. Tamén estiveron presentes Manuel Antelo - alcalde de Vimianzo - e Sabela Herrero, técnica de cultura de Vimianzo. Novas relacionadas “Vimianzo recupera a súa historia nun cómic” — Que pasa na costa Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Vimianzo