O Concello de Vimianzo asegura pechar o 2017 con remanente de tesourería positivo

Un remanente de Tesouraría de 254.027,48€, nun orzamentario total de 12.818,51€. Esas son as cifras que publica o Concello de Vimianzo no seu portal de transparencia para o exercicio 2017. O Concello, que xa rendeu as contas ao Consello de Contas, vén de aprobar a liquidación do exercicio, con cifras qeu indican un bo estado de saúde da economía municipal.

Se ben, por agora non poderán empregar eses “cartos sobrantes” do remanente por culpa da Lei de Montoro, pero xa están ultimando detalles para aprobar o Decreto do Goberno habilitando a utilización do remanente de 2017 co fin de que se aprobe antes de rematar este mes.

A execución dos gastos do orzamento foi dun 80% e a dos ingresos dun 82%. O orzamento non gastado ten que ver coa falta de execución de obras do POS por falta de autorizacións sectoriais que se incorporan ao actual orzamento.

Outros datos a ter en conta é o aforro neto de 98.679,20€ (que indica capacidade do concello para endebedarse) ou un superávit de 128.821,97 € (que indica a capacidade de autofinanciamento, sen ter que acudir a financiamento alleo para financiar os gastos).

Sobre o pago de proveedores, o pago medio estivo en 7’5 días adiantado respecto do período de 30 días, un dato fundamental para os pequenos traballadores que fan traballos para o Concello.

Ademais, o 2017 foi o primeiro sen facturas fóra do orzamento.

Novas relacionadas

Fonte