O concello de Vimianzo destina 20.000€ a axudas para as familias con fillos

As familias con fillos en idade escolar recibirán entre 100 e 50€. Imaxe: CEIP San Vicenzo O concello de Vimianzo acaba de anunciar un paquete de axudas, para o que destina 20.000€, coas que pretende minorar os gastos das familias vimiancesas con fillos. Por nacemento Por unha parte, segundo se recolle no BOP - Boletín Oficial da Provincia da Coruña de onte, convoca axudas por nacemento, adopción ou acollemeto de nenos e nenas por familias vimiancesas durante o período que abarca do 1 de setembro de 2014 a 31 de agosto de 2015.
Concederase unha axuda por neno ou nena de 100 €, sempre e cando a renda per cápita familiar sexa inferior 1,5
veces o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples).
Para o curso escolar
Súmanse estas axudas ás previstas para nenas e nenos en período escolar obrigatorio, nunha acción do goberno municipal que trata de promover unha política de benestar social que contribúa a paliar os efectos da crise, as diferenzas sociais, os riscos de exclusión social así como fomentar o incremento da poboación.
Polo tanto, o obxecto é a concesión de axudas a familias vimiancesas para a adquisición de libros de texto, material escolar, así como roupa e zapatos necesarios para as alumnas e alumnos matriculados en centros escolares públicos durante o curso escolar 2015-2016, que cursen os estudos correspondentes ás etapas e ciclos educativos antes mencionados. As familias ás que vai dirixida esta convocatoria son aquelas onde a renda per cápita dos seus membros está por debaixo do IPREM de 2015 (17,75 € por día ou, o equivalente, 6.390,13 € por ano).
O importe da axuda por alumno/a otorgarase segundo o tramo de ingresos da unidade familiar, que varían entre os 100€ e os 75€.
O prazo para presentar as socilitudes está aberto ata o 3 de novembro de 2015 e deberán presentarse no Rexistro do concello. Máis información Fonte
  • Redacción (info@quepasanacosta.gal)
  • Concello de Vimianzo