O concello de Vimianzo destina 20.000€ a axudas para as familias con fillos
08:22 15/10/15

Concederase unha axuda por neno ou nena de 100 €, sempre e cando a renda per cápita familiar sexa inferior 1,5
veces o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples).
Para o curso escolar
Súmanse estas axudas ás previstas para nenas e nenos en período escolar obrigatorio, nunha acción do goberno municipal que trata de promover unha política de benestar social que contribúa a paliar os efectos da crise, as diferenzas sociais, os riscos de exclusión social así como fomentar o incremento da poboación.
Polo tanto, o obxecto é a concesión de axudas a familias vimiancesas para a adquisición de libros de texto, material escolar, así como roupa e zapatos necesarios para as alumnas e alumnos matriculados en centros escolares públicos durante o curso escolar 2015-2016, que cursen os estudos correspondentes ás etapas e ciclos educativos antes mencionados. As familias ás que vai dirixida esta convocatoria son aquelas onde a renda per cápita dos seus membros está por debaixo do IPREM de 2015 (17,75 € por día ou, o equivalente, 6.390,13 € por ano).
O importe da axuda por alumno/a otorgarase segundo o tramo de ingresos da unidade familiar, que varían entre os 100€ e os 75€.
- Redacción (info@quepasanacosta.gal)
- Concello de Vimianzo