O concello de Vimianzo e a Obra Social La Caixa renovan os seus lazos

Ángel Buño e Manuel Antelo asinaron varios convenios de colaboración O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, e o director da oficina de CaixaBank en Vimianzo, Ángel Buño, veñen de asinar varios convenios destinados á formación e ao fomento da inserción social. Por medio destes convenios, a Obra Social “La Caixa” achega un importe de 3500€ para desenvolver distintas accións de loita contra o fracaso escolar e 2000€ para actividades de formación para persoas desempregadas con dificultades de inserción. As relacións entre ambas institucións xa comezaran en marzo do ano pasado. A primeira das accións formativas desenvolvidas ao abeiro destes convenión comezará esta mesma semana. Trátase dun curso de camareira/o no que o alumnado recibirá formación en técnicas básicas para banquetes, camareira/o de barra, montaxe de mesas para banquetes e servizos á carta. Todo este curriculo irá complementado con prácticas laborais e orientación laboral.Co incio do curso escolar darán comezo outras actividades que teñen como obxectivo a loita contra o fracaso escolar e a mellora de técnicas de estudo. O alcalde valora dunha maneira moi positiva a sinatura destes convenios e a realización das actividades formativas que se poden desenvolver grazas a eles. Pola súa banda, o representante de CaixaBank, Ángel Buño, trasladou ao alcalde a satisfacción de todos os empregados da entidade en Vimianzo de poder colaborar na atención das necesidade socias dos veciños da localidade. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Vimianzo