O concello de Vimianozo, a través da concellaría de Benestar Social, Igualdade e Ensino, desenvolverá hoxe e mañá unhas charlas co obxectivo de que as persoas maiores melloren a súa saúde.
As sesións terán lugar na casa da Cultura de Vimianzo ás 19 horas cunha duración máxima e hora e media. O doutor Aurelio Trillo Castro impartirá a charla de hoxe na que falará acerca dos factores de risco cardiovasculares e das medidas para evitalos. E mañá será o turno da animadora social Soraya Lema que instruirá aos maiores acerca da preparación para a xubilación, xa que este paso resulta traumático en moitos dos casos.
Fonte