O Concello de Vimianzo traslada a Xunta os problemas coa TDT na parroquia de Carnés
Levan tempo os veciños de Carnés protestando pola falta de calidade da TDT. Esta semana, desde o Concello de Vimianzo veñen de enviar a carta remitida á Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia, logo de moito tempo en busca dunha solución definitiva para os problemas de recepción da TDT dos veciños de A Devesa, na parroquia de Carnés.
O lugar de Devesa é a zona onde máis se veñen queixando os veciños, que non poden sintonizar apenas canles de TDT, que recibe do centro reemisor ubicado no Monte Pedruso.
E se ben o Concello xa contactara coa Secretaría Xeral de Medios en algunha ocasión, a solución que deran foi a de talar unhas árbores que se interpoñían entre o emisor e o reemisor. O caso é que despois da tala, e tras varios días de mellora, volveron os problemas de recepción.
Por iso piden unha solución definitiva.