O pavillón de Vimianzo acolleu unha divertida festa de Entroido

Un denso orballo impediu que os entroideiros de Vimianzo deran o seu tradicional paseo polas rúas da vila. Así que a festa de entroido comezou xa no pavillón municipal onde, pouco despois das 17:30 horas, comezaba o concurso de disfraces. Houbo unha boa participación e houbo un bo ambiente animado.
Uns tenros queixiños participaron no concurso de disfraces de Vimianzo Estes foron os disfraces premiados:
Categoría Infantil individual ou parellas
  • 1º premio: Mazorca de millo
  • 2º premio: Mostruo das galletas
  • 3º premio: Dúas pantasmas
  • 4º premio: Pipi
  • 5º premio: Sirenita e Úrsula
Categoría Adulto individual ou parellas
  • 1º premio: Sesencarton
  • 2º premio: Mudanza
  • 3º premio: Ofisial e Peón
Categoría Grupos
  • 1º premio: Dioses de Egipto
  • 2º premio: Sacramentos de San Antolín
  • 3º premio: Os quesitos
  • 4º premio: Os vellos non deben namorarse
  • Accésit: Os bebés molóns
Unha animada comparsa representou todo o que agocha un "Pulpo a la Gallega" Categoría Comparsas
Unha das 69 integrantes da comparsa "Segredos no xardín"
  • 1º premio: Segredos no Xardín
  • 2º premio: Agasillos galegos
  • 3º premio: Pulpo a la gallega
  • Accésit: Os Jackie Chan
  • Accésit: Ganadería de Salto
Entre os entroideiros de Vimianzo estaban un grupo de "Indios" composto por unha parte da corporación municipal
Unha parte do goberno municipal de Vimianzo disfrazouse de "Indios"
Etiquetas