O PP de Vimianzo pide que os ex concelleiros do BNG pasen ao grupo mixto

Membros do BNG de Vimianzo nas pasadas municipais

A semana pasada Manuel Antelo anunciaba a marcha de todos os concelleiros do BNG. E non tardaron en aparecer as primeiras voces pedindo que pasen ao Grupo dos non adscritos.

Así o pedía onte Raquel Rodríguez, voceira do PP local, que pide que o alcalde cumpra a Lei de Bases de Réxime Local. Apuntou que os populares confían en que, “aínda que só sexa neste asunto, o alcalde asuma as responsabilidades dos seus actos”. Así mesmo, Rodríguez quixo matizar e deixar claro que ninguén da súa formación está a pedir que o rexedor dimita do seu cargo, pero si que tanto Antelo, como os outros sete concelleiros do BNG, ocupen, a partir de agora, o lugar que lles corresponde dentro da corporación.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).