O Tribunal Central de Contratación valida o procedemento de licitación do servizo de axuda no fogar de Vimianzo

O Tribunal Central de Contratación non admintiu a trámite o recurso presentado no seu día polo CSIF no que pedía a anulación da licitación do servizo de axuda no fogar. "O goberno municipal non tiña dúbidas da legalidade nin no bo proceder nunha decisión ao respecto da xestión do Servizo de Axuda no Fogar que mellora notablemente o servizo que se présta ás persoas dependentes. Hai que lembrar que, como consecuencia desta decisión, se aumentou nun 100% o número de horas ata chegar ás 1000 horas de atención mensuais cando antes estabanpor debaixo das 500. Ademais, o servizo compreméntase con recursos materiais a cargo da empresa como cadeiras de rodas, camas articuladas, cadeiras de baño,..." sinalan dende o concello de Vimianzo. Este asunto xa foi abordado en reiteradas ocasións e motivo polo cal que convocou un pleno extraordinario. Por este motivo, dende o goberno municipal consideran que o sindicato CSIF como "un brazo armado da oposición" que "colabora na desestabilización da vida municipal e na erosión da figura do alcalde, defendendo privilexios da persoas que non cumpren coas obrigas que lles corresponden como empregadas públicas", sinalan unha nota de prensa emitida onte polo concello de Vimianzo. O rexedor vimiancés - Manuel Antelo - destaca o normal funcionamento do servizo unha vez que a xestión das auxiliares se leva por parte dunha empresa e asemade alégrase da resolución do Tribunal Central de Contratación que vén de darlle a razón.   Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción Que Pasa na Costa (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Vimianzo