Os 80 maiores de Vimianzo xa voltaron da súa viaxe a Portugal

Arredor das 21 da noite de hoxe marte chegarán ás súas casas as máis de 80 persoas que participan na viaxe organizada desde o Concello de Vimianzo para maiores de 55 anos, logo de pasaren 6 días coñecendo Portugal, acompañados pola concelleira de Benestar Social Mª Xosé Ramos Rey.

O pasado xoves día 27 de setembro dous autobuses partían de Vimianzo ben cedo para gozar de 6 días por terras portuguesas. Despois dunha parada para almorzar en Vigo a seguinte parada foi na cidade de Porto, onde estaba previsto o xantar na Casa da Música. A continuación un guía local acompañounos visitar a cidade antes de comezar o paseo en barco polo río Douro que os levou visitar unha bodega e degustar un Oporto, antes de ir ao hotel onde se aloxaron esa noite.

O segundo día tocou unha visita guiada á cidade de Coimbra e unha sorpresa á hora do xantar onde puideron gozar dunha acturación de fados, antes de continuar camiño cara a Lisboa, cidade na que se aloxaron os seguintes días.

Ao día seguinte visita guiada á capital lusa con subida no funicular Gloria. O cuarto día tocaron as visitas máis agardadas: Sintra, coa visita ao Palacio Real, pola mañá, e Casais e Estoril pola tarde. O luns deixaban Lisboa para dirixirse a Óbidos onde os agardaba un guía para realizar a visita antes de continuar viaxe cara a Nazaré. Logo da visita e o xantar en Nazaré a seguinte parada será en Alcobaça onde visitarán o coñecido mosteiro.

Onte ficaron en Figueira da Foz e aproveitaron para facer as últimas compras. E xa están de camiño a casa, a onde chegarán tras facer a merenda no Obradoiro.

Novas relacionadas

Fonte