Os Batáns do Mosquetín, “o mellor conxunto de Galicia”

Os Batáns do Mosquetín nunha foto do propio Clodio González
Batans do Mosquetin-Foto-Clodio

Non o dicimos nós. Nin ningún implicado directamente na restauración dos batáns vimianceses. Son palabras de Clodio González Pérez (Cenlle-Ourense, 1947), un dos máis importantes etnógrafos da Galicia actual. Clodio é sen dúbida o que máis obras ten publicadas sobre a materia, salientando os seus estudos sobre os Ancares, O Ribeiro, etc. Por iso, as súas opinións sobre a materia son importantes, xa que é patrón do Museo do Pobo Galego (do que foi directivo moitos anos) e tamén académico correspondente da RAG.

Clodio teno claro, e así o recoñecía estes días nas redes sociais despois de ver o conxunto trala inauguración da nova peza, ese O Batanciño de Servia chega a Mosquetín 18 anos despois.

  • Os Batáns do Mosquetín estrean maqueta.
  • Vimianzo edita novos folletos dos Batáns do Mosquetín e do Castelo
  • O concello de Vimianzo asume a xestión dos Batáns do Mosquetín
  • Fonte
    • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)