Os escaparates vivos de Vimianzo reciben os seus premios

Esta pasada fin de semana foron entregados os premios aos mellores escaparates de Vimianzo. Un concurso que trata de dinamizar o Comercio de Vimianzo, en persoa, e a través das redes sociais, como se realizan as votacións.

O Comercio de Vimianzo subía ao Facebook un completo Album de fotos dos Escaparetes de Nadal. O alcalde, Manuel Antelo, foi o encargado de facer entrega dos premios, que son os seguintes:

1) Premio á popularidade en Perruquería Novo

2) Premio ao escaparate máis creativo: CHUSCAKE, de Pasarela, que tiña un escaparate elaborado con doces

3) Premio ao escaparate máis navideño: Cortinas Andújar, que saíron os adornos da cristaleira e subiron polas ventanas e os balcóns do edificio da tenda

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.