Os maiores de Geriatros, os Apalpadores de Vimianzo

Os maiores de Geriatros son os Apalpadores de Soneira e colaboran ca Cruz Vermella
Papa Noel no Cafe Bar Bibendum de Vimianzo recollendo os xoguetes solidarios

Vai chegar o Apalpador cargadiño de regalos para os máis cativos. E vaino facer co saco cheo de regalos colleitados polos maiores da Residencia para Maiores Geriatros de Vimianzo.

Os maiores levan todo o mes recollendo xoguetes e alimentos para donalos á Cruz Vermella e que esta poida axudar ás familias máis necesitadas da comarca de Soneira. Foron onte os voluntarios da entidade a recollelos para clasificalos (limpalos se fai falta, para o que xa se ofreceu a Lavandería Fidosec), e preparalos para a entrega.
Volverán por Geriatros os voluntarios da CV porque a recollida de alimentos está aberta ata o luns 4 de xaneiro.

Tamen colaboraron coa recollida de xoguetes as bravas xentes do Café Bar Bibendum, onde estivo o venres pasado un Papá Noel solidario para que toda persoa que quixese se acercase a doar os xoguetes, a cambio regalaba caramelos.

Ogallá durasen todo o ano estas datas de solidariedade.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).