Os maiores de Geriatros, os Apalpadores de Vimianzo
Vai chegar o Apalpador cargadiño de regalos para os máis cativos. E vaino facer co saco cheo de regalos colleitados polos maiores da Residencia para Maiores Geriatros de Vimianzo.
Os maiores levan todo o mes recollendo xoguetes e alimentos para donalos á Cruz Vermella e que esta poida axudar ás familias máis necesitadas da comarca de Soneira. Foron onte os voluntarios da entidade a recollelos para clasificalos (limpalos se fai falta, para o que xa se ofreceu a Lavandería Fidosec), e preparalos para a entrega.
Volverán por Geriatros os voluntarios da CV porque a recollida de alimentos está aberta ata o luns 4 de xaneiro.
Tamen colaboraron coa recollida de xoguetes as bravas xentes do Café Bar Bibendum, onde estivo o venres pasado un Papá Noel solidario para que toda persoa que quixese se acercase a doar os xoguetes, a cambio regalaba caramelos.
Ogallá durasen todo o ano estas datas de solidariedade.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).