Os mil segredos das Torres do Allo

As Torres do Allo teñen as portas abertas e agochan mil segredos Un dos pazos máis antigos de Galicia e un dos poucos que ten as portas abertas. As Torres do Allo levan recuperando a súa historia neste último ano como nunca. Atrás queda ranción aquel museo etnográfico da Neria, atrás quedan anos de esquecemento e peche. Dende xullo do ano pasado, as visitas teatralizadas promocionadas polo concello de Zas están convertindo este pazo nun dos puntos históricos máis interesantes da provincia. Así nolo conta Lucía Outeiral, a ama de chaves e a que nos guía cada fin de semana deste edificio do século XVI de estilo gótico-renacentista. Lucía déixanos ademais coas gañas de saber máis, pois nos avanza que durante as visitas se poden descubrir moitos segredos sobre como vivían os nobles naqueles tempos.

Visitas guiadas e teatralizadas

Visitas Teatralizadas nas Torres do Allo-Zas Cada fin de semana de inverno, e cada día en verán, poderemos gozar coas historias da nosa guía nas visitas guiadas. De feito, pasa por ser o máis interesante, coñecer as historias que agocha á pedra da man dunha especialista. Ademais, hai que facer fincapé nesas visitas teatralizadas que tanto éxito tiveron entre o público en xeral e os escolares, nunha demostración do ben que se pode contar o noso patrimonio. "As visitas teatralizadas soen ser no verán, pero tamén intentaremos volver facer as visitas teatralizadas en Semana Santa, porque á xente gustoulle moito e aínda hai quen vén pregunta por elas". Ademais as sinerxias co Concello de Vimianzo e o Castelo poden ser moi importantes para divulgar o espléndido patrimonio soneirán.

Pedras que agochan historia(s)

Fainos Lucía, por exemplo, un cuestinario para saber de onde vén o nome das “Torres do Allo”: - “Derivado do latín "ayo" de señor, porque a familia Rioboo eran os vasalos máis achegados dos poderosos condes de Altamira?; - Derivado do latín "allium" de allo, porque ao lado están as aldeas Cebola de Arriba e Cebola de Abaixo?; - Ou derivado de “angulos" polo meandro que fai o río que pasa cerca? Para saír de dúbidas... toca visitar as Torres”, cótanos. Durante a visita, ademais destas pregunta, tamén nos contarán historias sobre persoeiros iluestres que tiveron relación co pazo, algunha tan curiosa como a gran unión que vencella a Manuel Antonio "o poeta do mar" con estas terras “alleiras”. Un dos puntos fortes da visita é coñecer de primeira man a relación de poderes naqueles tempos feudais. “Que a nobreza e igrexa sempre se levaron ben?? Nadiña de nada”, corrobora Lucía. “A pobra é tan simple como descubrir entre risas porque dende as Torres non se pode ver a Capela de San Pedro do Allo…” Mesmo hai unha interesante camiñada ata o cementerio novo, un dos poucos cubertos en Galicia.

Un balcón con moita intriga

Cantería do balcón barroco das Torres do Allo Lucía tráenos tamén “esta preciosa e fina cantería do balcón barroco do XVII (do pouquiño de barroca da fachada que ten o Pazo)”. Un balcón que ten detrás unha historia moi de intrigas e pescudas enrevesadas e quen quera coñecela tense que acercar o pazo…” Unha curiosidade esta de falarmos dun dos poucos pazos tardo-góticos, se en Galicia case todos son barrocos. “E por que será?” E que dicir sobre a contorna natural, unha das máis fermosas de todos os pazos de Galicia. Ademais da mítica carballeira que fai de corredor para darnos a benvida “non se perdeu nin o seu souto onde no mesmo verán, a mediodía, parece que é noitiña pechada”. “Ahhh é sobre todo... se alguén quere descubrir o agocho centenario máis grande que poda imaxinar, ten que visitar a horta traseira cheíña de maceiras.”
Carballeira de benvida das Torres do Allo

Cando visitar

En inverno, entrada libre e gratuita, de venres a domingo, festivos incluidos, de 11.00 as 19.00h. Visitas guiadas sempre as hai, No verán, o 15 de xuño á 15 de setembro, de 11:00h a 20:00h. “Mil segredos que se agooochan nas Torres do Allo…”   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Zas