Os mil segredos das Torres do Allo

12:02 19/01/17

Visitas guiadas e teatralizadas

Pedras que agochan historia(s)
Fainos Lucía, por exemplo, un cuestinario para saber de onde vén o nome das “Torres do Allo”: - “Derivado do latín "ayo" de señor, porque a familia Rioboo eran os vasalos máis achegados dos poderosos condes de Altamira?; - Derivado do latín "allium" de allo, porque ao lado están as aldeas Cebola de Arriba e Cebola de Abaixo?; - Ou derivado de “angulos" polo meandro que fai o río que pasa cerca? Para saír de dúbidas... toca visitar as Torres”, cótanos. Durante a visita, ademais destas pregunta, tamén nos contarán historias sobre persoeiros iluestres que tiveron relación co pazo, algunha tan curiosa como a gran unión que vencella a Manuel Antonio "o poeta do mar" con estas terras “alleiras”. Un dos puntos fortes da visita é coñecer de primeira man a relación de poderes naqueles tempos feudais. “Que a nobreza e igrexa sempre se levaron ben?? Nadiña de nada”, corrobora Lucía. “A pobra é tan simple como descubrir entre risas porque dende as Torres non se pode ver a Capela de San Pedro do Allo…” Mesmo hai unha interesante camiñada ata o cementerio novo, un dos poucos cubertos en Galicia.Un balcón con moita intriga



Cando visitar
En inverno, entrada libre e gratuita, de venres a domingo, festivos incluidos, de 11.00 as 19.00h. Visitas guiadas sempre as hai, No verán, o 15 de xuño á 15 de setembro, de 11:00h a 20:00h. “Mil segredos que se agooochan nas Torres do Allo…” Novas relacionadas- Novembro 2016: 140 alumnos de Zas aprenden a historia da comarca nas Torres do Allo
- Setembro 2016: As Torres do Allo acollen unha exposición de pezas de Olería de Buño
- Setembro 2016: Máis de 2200 persoas visitaron as Torres do Allo durante o verán
- Setembro 2016: 400 persoas disfrutaron das visitas teatralizadas das Torres do Allo
- Xullo 2016: Máis de 900 persoas visitan as Torres do Allo nos últimos tres meses.
- Xullo 2016: As Torres do Allo potencian o seu pasado.
- Xullo 2016: As visitas teatralizadas chegan ás Torres do Allo
- Maio 2016: O Concello de Zas xestionará as visitas e a difusión das Torres do Allo
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Zas