Piden que a repotenciación do PE Monte Redondo repercuta na zona
Dos 66 actuais viraventos, o Parque Eólico de Monte Redondo quedará con 12 despois da repotenciación. Unha actuación que provocará moitos cambios na zona do Monte Faro, pero que deixará ao Concello 1,5 millóns de euros.
Dende o BNG solicitan que boa parte deses cartos "sexa investido nos lugares próximos”, por iso piden ao goberno que realice diversas melloras na contorna do parque.
Como primeira actuación, o BNG vimiancés pediu inversións para solucionar os problemas na vía que vertebra os lugares de Ogas, Somonte, As Pasantes, A Toxa ata A Valiña. En concreto:
- - Arranxo do firme cunha boa pavimentación, pois está moi deteriorado.
- - Construción de beirarrúas, sinalización e instalación de bandas rugosas co fin de garantir a seguridade da veciñanza.
- - Instalación de saneamentos nos lugares que aínda non existe.
“Non podemos consentir que sexamos un concello totalmente arrasado polas empresas eléctricas que levan a nosa enerxía fóra de Galiza, a conta de
explotar os nosos recursos, e que nas nosas aldeas esteamos sen rede de sumidoiro”, remarcaron os nacionalistas.