O Polo de Emprendemento organiza este luns a xornada "Emprender, conectar e Co-crear no Turismo da Costa da Morte”
Este luns 12 de maio de 2025, a Casa da Cultura de Vimianzo acollerá unha xornada participativa organizada polo Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Coristanco, en colaboración coa Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM). Este encontro ten por obxecto fomentar a colaboración, a co-creación e o emprendemento entre os axentes do turismo e os sectores relacionados co mesmo na Costa da Morte.
A xornada nace coa intención de diagnosticar colectivamente as debilidades e ameazas que afectan ao turismo na Costa da Morte. Intentará tamén xerar propostas concretas e colaborativas que convertan eses retos en oportunidades de innovación e crecemento; así como favorecer o networking e o intercambio de experiencias entre profesionais de turismo, cultura, transporte, lecer e benestar.
A xornada arrincará ás 16:00h, farase unha dinámica de presentación, un mapa de retos, unha serie de traballos en grupos e un tempo de Networking para dar resposta aos retos detectados
Inscricións e contacto
A asistencia é gratuíta, previa inscrición na web do Polo de Emprendemento.