Prazas vacantes nos Ciclos Formativos de Administración do IES Terra de Soneira

Se onte era o IES Fernando Blanco o que lembraba que aínda ten un par de prazas para o seu IES Dual, hoxe é o IES Terra de Soneira o que ofrece unha nova oportunidade para o emprego.

A Dirección informa de que se veñen de liberar prazas para a matricula nos Ciclos Formativos, Medio e Superior, da familia de Administración e xestión. O prazo de matrícula remata o luns 26 de xullo ás 13:00 h.

No caso do ciclo medio a matrícula queda condicionada a que exista un número mínimo de solicitudes segundo o establecido na normativa vixente.

Ámbolos ciclos contan con 2000 horas de formación, equivalentes a dous cursos académicos, que inclúen un período de prácticas laborais en empresas. O IES Terra de Soneira ten asinados convenios de colaboración cun amplo abano de empresas da comarca, o que lle permite garantir ao seu alumnado as prácticas asociadas aos ciclos. O noso alumnado goza dunha elevada taxa de inserción laboral no sector ao que orientan os nosos ciclos.

Para máis información podes poñerte en contacto co noso centro a través do correo electrónico ies.terradesoneira@edu.xunta.es, no teléfono 881 866 519 ou na web www.edu.xunta.gal/centros/iesterradesoneira/.

Novas relacionadas