O proxecto Pesca Saúde reflexiona este luns sobre os beneficios en materia de saúde do consumo do peixe fresco
Nova acción no marco ads Xornadas do proxecto Pesca Saúde, a iniciartiva do GALP Costa da Morte para promover o consumo regular de peixe fresco das nosas costas.
Nesta ocasión en materia de saúde. O xefe de reumatoloxía do CHUAC, Javier de Toro, compartirá os beneficios do consumo de produto pesqueiro nas patoloxías da súa especialidade. As xornadas técnicas celebraránse o vindeiro luns 25 de maio ás 18:00 h na Casa da Cultura de Vimianzo.
O doutor centrará a súa intervención en sinalar os beneficios do consumo de produto pesqueiro no noso benestar dende o punto de vista da súa especialidade médica. O evento ten carácter aberto ao público e non precisa inscrición previa.
Francisco Javier de Toro Santos é xefe do Servizo de Reumatoloxía do CHUAC e vicepresidente do Colexio de Médicos da provincia da Coruña. Licenciado e doutor en Medicina e Ciruxía pola Universidade de Santiago de Compostela, actualmente é docente na Universidade da Coruña, onde imparte clases, entre outros, no Mestrado de Xerontoloxía Clínica da UDC.