Á rúa en bici por Vimianzo

Centos de persoas saíron este domingo a dar un paseo en bicicleta para celebrar a undécima edición do Día da Bicicleta, que promove o uso do biciclo como unha actividade deportiva saudable e un medio de transporte sostible.

Foi unha marcha cicloturista de 11 quilómetros na que as familias percorreron diversas rúas do núcleo urbano e por lugares próximos.