A Ruta dos Seres percorrerá a maxia nocturna da comarca de Soneira

Unha das meigas da ruta dos Seres de Calo

Este venres 26 de xullo, o complexo Calo Rural coa axuda de Pedra e Mar Galicia e o Concello de Vimianzo, organiza a Ruta dos Seres, unha ruta nocturna que discorre dende o Campelo ata Castro Buxán. Acompañarán, ademais do mítico Miguel Queiro, seres doutro mundo: meigas, a santa compaña, o esconxurador…

Ao longo da Ruta dos Seres viaxarase pola mitoloxía popular galega e ao chegar á capela, haberá unha queimada con esconxuro e bebidas e tapiñas.

A saída será as 21:30 na Praza de Calo (Campelo), Vimianzo.

As prazas son limitadas polo que se pode reservar por mensaxe privado polas redes de @calorural, @casitadaforxacostadamorte ou @pedraemargalicia deixando nome, teléfono e ou correo ou por WhatsApp ao 623180961).