O SAT Costa da Morte reflexionou coas familias sobre as problemáticas da crianza
O SAT Costa da Morte organizou esta semana a II Xuntanza de desenvolvemento infantil. A Casa da Cultura de Vimianzo acollía esta xornada formativa na que se abordou e se reflexionou sobre o apego, dos estilos de crianza, das rabietas (tipos, motivos, por que aparecen e como xestionalas) do uso e abuso das pantallas e da importancia das rutinas e de fomentar a autonomía nas crianzas.
Á xornada asistiron numerosas familias e profesionais da educación infantil, na que houbo tempo para a reflexión e o debate, no que se expuxeron preocupacións, dúbidas e experiencias; testimonios en primeira persoa do apoio e asesoramento prestado polo SAT, resaltando a importancia deste servizo na Costa da Morte.
Esta non será a última das xornadas, como xa se ven anunciando, estas trataranse de celebrar nos distintos concellos nos que se presta servizo e con temáticas diversas.